Obsolescencia programada


A obsolescencia programada é algo que todos coñecemos aínda que podemos non coñecelo polo seu nome. Cando dicimos obsolescencia programada nos referimos á vida útil que lle da unha fábrica ou empresa a un produto, pasado este tempo o produto comezará a fallar e se volverá obsoleto e inútil. Isto fíxose para que ti te vexas obrigado a mercar outro produto parecido ou igual, e si che gustou o produto que xa non funciona dunha marca concreta, hai a posibilidade de que o volvas a mercar da mesma marca polo que eles gañarían máis diñeiro.

Isto é un gran problema porque se ti gastas un diñeiro determinado nunha cousa para que ao pouco tempo non funcione debido a esta programación, non che compensa. Por exemplo, unha cousa que me ocorreu na miña casa, foi cando de súpeto a lavadora deixou de funcionar, cando viño o técnico resultou que a placa electrónica xa non funcionaba debido a obsolescencia programada e a lavadora só tiña 2 ou 3 anos.

Se ao final todo o que merquemos que sexa electrónico vai deixar de funcionar, imos estar constantemente mercando cousas e as fábricas gañando diñeiro. Se ti programas un produto para que cando acabe ese tempo deixe de funcionar, estas a contaminar moitísimo, debido a que, por exemplo, a batería de un móbil ten litio, este produto ademais de escasear, é moi contaminante, ademais ten unha reciclaxe moi pouco efectiva. A causa disto a maioría dos residuos electrónicos rematan en vertedeiros en China ou África.

Hai varios tipos de obsolescencia, todas están causadas polo funcionamento, que son a funcional é a de calidade. Pero hai unha, que é a de desexo, ocorre cando unha empresa saca un novo produto é as persoas teñen a necesidade de cambiar o que xa teñen por un novo por moda aínda que non o necesiten. Un bó exemplo que todos coñecemos é Apple, cada ano sacan un novo iPhone e hai moita xente que aínda tendo o anterior, merca o novo.

Todos sabemos que as empresas gañan diñeiro gracias á obsolescencia programada, pero de verdade vale á pena gañar un pouco máis por destruír o noso planeta ou non ter clientes fieis porque fálase mal dos teus produtos arredor de todo o mundo?


Bibliografía

Ecoinventos. (2022) ¿Qué es la obsolescencia programada?. Ecoinventos. https://ecoinventos.com/que-es-obsolescencia-programada/ 

Pascual, J.A. (2019) Dónde va a parar la basura tecnológica que tiramos. Computer hoy. https://computerhoy.com/reportajes/tecnologia/donde-va-a-parar-basura-tecnologica-551585 

 

Comentarios